
O sistema da rede social pon en contacto aos usuarios con causas e proxectos sociais aos que axudar cos seus "quilómetros" que se converten en diñeiro" grazas á colaboración de empresas. Esta colaboración empresarial supón un marco no que as compañías poden desenvolver a súa acción de RSC e xerar "engagement" e "confianza" entre os seus clientes, segundo indicaron os fundadores do proxecto, Emma Roca e Iván Lorca, quen ademais o dirixe.
Ademais, explicaron que a intención da rede social deportiva é "valorizar o esforzo das persoas" e "inspirar" á xente para "poñerse a correr e conseguir un mundo máis san".
Unha semana despois do seu lanzamento, a plataforma (www.iwoopi.org [3]) conta con máis de 500 usuarios, nove causas e proxectos solidarios inscritos e máis de 86.500 quilómetros doados. A consultora Loop explicou que o proxecto forma parte das empresas 'start-up' que forman parte da súa rede de aceleración, 'Ignition'.
A rede "é unha forma de captar talento, start up's e novas oportunidades; co acordo do emprendedor, e poñer á súa disposición oportunidades para investir, aceleralas ou co-desenvolvelas", segundo indicou o presidente da consultora, Antonio Flores.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/306_QMMG_17.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.iwoopi.org