Un consorcio europeo desenvolveu unha impresora 3D de alimentos, especialmente pensada para crear comida adaptada ás necesidades das persoas maiores. Coordinado por un equipo alemán, pero co que tamén colaboran Dinamarca, Países Baixos, Italia e Austria, o proxecto "Performance", apoiado dende a Unión Europea, emprega tecnoloxía de vangarda para construír alimentos "capa a capa".
Grazas a esta técnica, conséguese comida branda e moi doada de morder e mastigar, o que, segundo os investigadores, podería resolver os problemas de deglutición aos que se enfrontan moitas persoas maiores. Ademais, o mecanismo permitiría personalizar ao máximo a comida, adaptándose ás necesidades dietéticas e nutricionais de cada persoa e aos seus gustos.
O proxecto "Performance" está pensado para utilizar en todo tipo de ámbitos, xa sexa para maiores que viven sós como no caso de vivendas asistidas ou centros residenciais. Na actualidade, o 60% dos residentes de centros asistenciais teñen que comer alimentos líquidos tipo papa. Ante esta elevada cifra, a nova tecnoloxía ten o potencial de mellorar notablemente a súa calidade de vida, non só ofrecendo un plan nutricionalmente adaptado senón tamén asegurando un sentido de independencia e control que doutro modo poderían terse perdido", aseguran dende o consorcio europeo.
Rexístrate como: