Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Ability Awards

Apps para a inclusión

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 26/05/14 (10:10)

Tanto emprendedores como grandes empresas de tecnoloxía comezaron a centrar a súa atención na creación de Apps que melloran a vida das persoas con discapacidade e a súa inclusión na sociedade. O móbil xa non é un aparato para poder realizar chamadas telefónicas, senón que se converteu nunha poderosa ferramenta para facer máis sinxela a vida de moitas persoas. Por iso, as últimas novidades en Apps promoven o pleno acceso á tecnoloxía para as persoas con algún tipo de discapacidade e danlles ferramentas que facilitan o seu día a día.


Crear sistemas e ferramentas que sexan útiles e melloren a vida das persoas con discapacidade foi un obxectivo en todo tipo de empresas non só sociais; de feito, algunhas marcas de telefonía como TTM e Doro están especializados en terminais con servizos como alfabeto braille, recoñecemento por voz, lector de texto e escáner, etc. Ademais, outras máis coñecidas como Nokia ou Alcatel, incorporan variedades de móbil "easy to use", é dicir, móbiles doados de usar, simples, sinxelos e moi intuitivos.


Mellorar a relación do usuario coa tecnoloxía ten pasado a ser o obxectivo de moitas das grandes empresas. Por exemplo, Google está a investigar como crear unha aplicación que funcione sen ter que mirar a pantalla. Ademais destas grandes iniciativas existe un crecemento destacable de Apps independentes como Tweri, a aplicación que xeolocaliza persoas con Alzheimer; Wheelmap, patrocinado pola ONCE e a Fundación Sozialhelden, que mostra lugares accesibles en cadeira de rodas ou Bioaid, que fai que o teléfono funcione como un audiófono usando os auriculares e o micrófono.


Entre as máis novidosas encontramos a aplicación EyeMusic que través da cámara do teléfono captura as formas dos obxectos que están a noso arredor para traducilos en "Soundscape" de notas musicais. A persoa só ten que colocarse os audiófonos, apuntar coa cámara e poñer atención aos sons que xerara a aplicación.


Ademais de Apps, existen outras solucións tecnolóxicas orientadas cara a estes mesmos obxectivos, como Virtual Keyboard, desenvolvido por Indra e a Universidade de Lleida. Esta ferramenta está pensada para persoas con mobilidade reducida ou que teñen problemas para utilizar o teclado tradicional; permite a escritura mediante o uso de calquera dispositivo que controle o cursor da pantalla (rato, joystick, touchpad, etc.). 


Para premiar os emprendedores sociais de base tecnolóxica, Telefónica Ability Awards lanza o próximo 23 de maio unha nova categoría: Innovación para a inclusión. Telefónica quere recoñecer aqueles emprendedores sociais que desenvolvan produtos e solucións tecnolóxicas dirixidas ao colectivo de persoas con discapacidade ou que fosen desenvolvidas por persoas con discapacidade.


Para poder participar, unicamente hai que entrar en www.telefonicaabilityawards.com a partir do 23 de Maio. 

Tema: Xeral
Fonte: Telefónica Ability Awards
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal