
Tanto emprendedores como grandes empresas de tecnoloxía comezaron a centrar a súa atención na creación de Apps que melloran a vida das persoas con discapacidade e a súa inclusión na sociedade. O móbil xa non é un aparato para poder realizar chamadas telefónicas, senón que se converteu nunha poderosa ferramenta para facer máis sinxela a vida de moitas persoas. Por iso, as últimas novidades en Apps promoven o pleno acceso á tecnoloxía para as persoas con algún tipo de discapacidade e danlles ferramentas que facilitan o seu día a día.
Crear sistemas e ferramentas que sexan útiles e melloren a vida das persoas con discapacidade foi un obxectivo en todo tipo de empresas non só sociais; de feito, algunhas marcas de telefonía como TTM e Doro están especializados en terminais con servizos como alfabeto braille, recoñecemento por voz, lector de texto e escáner, etc. Ademais, outras máis coñecidas como Nokia ou Alcatel, incorporan variedades de móbil "easy to use", é dicir, móbiles doados de usar, simples, sinxelos e moi intuitivos.
Mellorar a relación do usuario coa tecnoloxía ten pasado a ser o obxectivo de moitas das grandes empresas. Por exemplo, Google está a investigar como crear unha aplicación que funcione sen ter que mirar a pantalla. Ademais destas grandes iniciativas existe un crecemento destacable de Apps independentes como Tweri [3], a aplicación que xeolocaliza persoas con Alzheimer; Wheelmap [4], patrocinado pola ONCE e a Fundación Sozialhelden, que mostra lugares accesibles en cadeira de rodas ou Bioaid [5], que fai que o teléfono funcione como un audiófono usando os auriculares e o micrófono.
Entre as máis novidosas encontramos a aplicación EyeMusic [6]que través da cámara do teléfono captura as formas dos obxectos que están a noso arredor para traducilos en "Soundscape" de notas musicais. A persoa só ten que colocarse os audiófonos, apuntar coa cámara e poñer atención aos sons que xerara a aplicación.
Ademais de Apps, existen outras solucións tecnolóxicas orientadas cara a estes mesmos obxectivos, como Virtual Keyboard [7], desenvolvido por Indra e a Universidade de Lleida. Esta ferramenta está pensada para persoas con mobilidade reducida ou que teñen problemas para utilizar o teclado tradicional; permite a escritura mediante o uso de calquera dispositivo que controle o cursor da pantalla (rato, joystick, touchpad, etc.).
Para premiar os emprendedores sociais de base tecnolóxica, Telefónica Ability Awards lanza o próximo 23 de maio unha nova categoría: Innovación para a inclusión. Telefónica quere recoñecer aqueles emprendedores sociais que desenvolvan produtos e solucións tecnolóxicas dirixidas ao colectivo de persoas con discapacidade ou que fosen desenvolvidas por persoas con discapacidade.
Para poder participar, unicamente hai que entrar en www.telefonicaabilityawards.com [8] a partir do 23 de Maio.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140225_TAbilityAwards.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.youtube.com/watch?v=8FYMl2kML
[4] http://wheelmap.org/en/
[5] http://bioaid.org.uk/
[6] https://itunes.apple.com/es/app/id805461054?mt=8
[7] http://www.tecnologiasaccesibles.com/en/virtual_keyboard.htm
[8] http://www.telefonicaabilityawards.com