Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Aplicacion HAPP

Iconos hápticos ou como deseñar aplicacións que facilitan aos invidentes ouso dos seus teléfonos móbiles


  • Háptica, ciencia do tacto, provén do grego háptō (tocar, relativo ao tacto).

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/05/14 (09:00)

Para iso, os científicos implementaron as denominadas iconas hápticas para que os usuarios poidan identificar as alertas das aplicacións e mellorar a exploración da pantalla servíndose do tacto. A diferenza deste sistema co tradicional baséase en crear un código no que o usuario asocia unha función do teléfono cunha vibración que segue un patrón determinado. Así, estímulos vibrotáctiles asócianse a significados. "Supón unha especie de linguaxe vibratoria onde, por exemplo, se asocia un son que emula un zunido de abella a unha alerta de whatsapp", explica Pedro Galdón, un dos responsables deste estudo que xunta tacto e tecnoloxía.


Para comprobar a utilidade do novo sistema, os investigadores acometeron probas onde persoas invidentes da Fundación ONCE e outras sen ningunha discapacidade usaban as iconas hápticas. "Comparamos o rendemento e a satisfacción dos usuarios con diferentes capacidades visuais. Observamos unha maior taxa de recoñecemento e experiencia para as persoas con discapacidade visual que para os usuarios sen discapacidade", expón.


Polo tanto, as persoas con discapacidaderecordan e recoñecen mellor as iconas hápticos que os usuarios sen discapacidade. Ante os resultados positivos e considerando a utilidade que podía reportar a este colectivo, Galdón e o seu equipo desenvolveron dúas aplicacións para mellorar a experiencia dos usuarios de teléfonos intelixentes coa axuda destas iconas que mesturan vibración e tacto.


Por un lado, a aplicación HAPP pretende que se identifiquen as alarmas procedentes das distintas aplicacións instaladas no móbil diferenciadas a través de vibracións que seguen un patrón, un ritmo, que permite distinguilas e memorizalas. Pola súa banda, a aplicación EXTENSIÓN persegue localizar dunha forma máis áxil as iconas distribuídas na pantalla do teléfono.


Ambas as dúas aplicacións probáronse con persoas con discapacidade visual e sen ela, dende as etapas de deseño, para mellorar a usabilidade. Esta é precisamente unha das novidades fronte a outras aplicacións que son testadas por usuarios aos que se lles vendan os ollos, por exemplo. "Os invidentes traballan cunha maior sensibilidade e implicación porque as aplicacións van destinadas a mellorar a súa rutina", recoñece Galdón. 

Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal