Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Beatriz Mato, na inauguración da xornada sobre “A responsabilidade social empres

Mato aposta por fomentar a RSE entre as empresas para que se convertan nun “referente social” e xeren “valores engadidos”


  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou unha xornada sobre “A responsabilidade social empresarial a través da discapacidade”, organizada por Cogami e Vodafone

  • A Xunta deseñou o Plan estratéxico galego de responsabilidade social empresarial 2012-2014, consensuado nas mesas do diálogo social

  • Destacou que a RSE conleva avances positivos en aspectos como a conciliación, o respecto ao medioambiente, a saúde no traballo, ou a satisfacción e benestar de traballadores e clientes

  • Salientou a importancia de fomentar o emprego entre as persoas con discapacidade, como “principal ferramenta de inclusión”

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/05/14 (08:49)

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, apostou hoxe por fomentar a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) entre as empresas para que estas se convertan nun “referente social de prestixio” e xeren “valores engadidos”, o que “debe contribuír á mellora da sociedade en todo o seu conxunto”.


Así o destacou hoxe durante a inauguración da xornada “A responsabilidade social empresarial a través da discapacidade”, organizada por Cogami e Vodafone, que se está a celebrar na Coruña.


A titular do departamento autonómico lembrou que o Goberno galego deseñou o Plan estratéxico galego de responsabilidade social empresarial 2012-2014, que foi consensuado nas mesas do diálogo social. Esta ferramenta constitúe “unha aposta integral pola mellora das empresas galegas e o reforzo da súa competitividade a través dunha actividade socialmente responsable”.


Ao respecto, Mato fixo fincapé en que a RSE conleva avances positivos en aspectos como a conciliación, o respecto ao medioambiente, a saúde no traballo, ou a satisfacción e benestar dos traballadores e clientes.


Entre estes avances, salientou a integración laboral e social das persoas con discapacidade, aspecto no que se centra a xornada. Neste sentido lembrou que desde o departamento autonómico apóstase polo emprego como “principal ferramenta de inclusión de calquera persoa”.


A Consellería desenvolve varias vías de actuación neste eido, a través do fomento da orientación laboral, mellorando a súa empregabilidade a través da formación, incentivando a contratación, e financiando a actividade dos centros especiais do emprego. Así, a partida global destinada a programas de emprego para discapacidade, senón que se ten incrementado este ano nun 8 por cento ata alcanzar os 17,4 millóns de euros.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal