Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Eva Fernández durante a entrega dos Premios APPS Fundación Telefónica

Un proxecto galego, seleccionado entre os 35 mellores de España por Think Big de Fundación Telefónica


  • Trátase da aplicación móbil A túa horta dende cero, que xa se alzou como un dos 8 gañadores da pasada edición dos Premios APPS Fundación Telefónica

  • A súa creadora, a viguesa Eva Fernández, estudante de Enxeñaría de Telecomunicacións, contará cun prazo de seis meses e unha bolsa de ata 3.000 euros para mellorar o seu desenvolvemento, ademais da orientación dun mentor

  • É o único proxecto galego que consegue unha praza na terceira fase de Think Big, á que se presentaron 60 iniciativas, das 300 que iniciaron o programa 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 15/04/14 (09:40)

Fundación Telefónica seleccionou o proxecto galego Tu horto dende cero, creado pola estudante viguesa de Enxeñaría de Telecomunicacións, Eva Fernández, entre as 35 mellores ideas de emprendimiento social de toda España presentadas á terceira fase do programa Think Big - Build-, á que concorreron un total de 60 iniciativas das 300 participantes inicialmente.


A súa elección bríndalle a oportunidade de transformar e mellorar a idea orixinaria de A túa horta dende cero, unha aplicación móbil, que, a xeito de guía, ofrece asesoramento sobre como crear, manter e coidar unha horta, co obxectivo de convertela nun proxecto de éxito. Para iso, contará cun financiamento de ata 3.000 euros e un prazo de seis meses, no que dispoñerá tamén da orientación dun mentor especializado de Telefónica que a guiará no desenvolvemento do proxecto.


Fernández convértese así na única representante galega con praza na terceira etapa de Think Big, programa ao que accedeu ao ser galardoada cunha das súas bolsas de ata 400 euros, tras situarse, precisamente con esta app, entre os oito gañadores da I edición dos Premios APPS Fundación Telefónica, fallados o pasado mes de xaneiro e no que se elixiron as mellores aplicacións móbiles creadas por mozos de entre 18 e 25 anos, en Firefox OS.


Sobre Think Big


Think Big é un proxecto de emprendimiento social liderado por Fundación Telefónica, en colaboración con Movistar. Ofrece mozos de entre 15 e 26 anos, a oportunidade de transformar unha idea propia e que busca un cambio positivo na comunidade, nun proxecto de éxito.


A experiencia, dirixida a fomentar o espírito emprendedor e as habilidades dixitais dos participantes, cumpriu xa dúas edicións nas que se presentaron máis de 2.000 ideas.


A estrutura do programa, que se modificou recentemente, presenta agora un novo formato a xeito de itinerario piramidal, composto por distintos niveis: 



  • Think (nivel 1): é a fase inicial do programa e está enfocada a promover a xeración de ideas entre os mozos, a través da súa participación en diferentes xornadas formativas.

  • Start (nivel 2): é esta segunda fase lévase a cabo a selección das mellores 300 ideas presentadas ao programa, procedentes de Think. Os mozos elixidos recibirán formación online e presencial durante un período de seis meses, ademais de apoio económico -ata 400 euros- e a orientación dun mentor de Telefónica que lles guiará na posta en marcha do seu proxecto.

  • Build (nivel 3): nesta fase seleccionaranse os mellores traballos -entre 30 e 40- que conseguisen finalizar o nivel 2 e cuxos autores estean interesados en continuar mellorando a súa idea inicial no programa. Para iso, recibirán un financiamento de ata 3.000 euros e contarán coa axuda dun titor especializado para dar forma e vida ao seu proxecto.

  • Grow (nivel 4): é o último nivel de Think Big. Nel, os mozos terán a oportunidade de continuar traballando nos seus proxectos en colaboración con socios como Wayra -a aceleradora de start ups de Telefónica- ou Talentum Startups -programa de Telefónica dirixido a universitarios de carreiras tecnolóxicas aos que se lles brinda unha experiencia laboral en ámbitos de alta innovación tecnolóxica-, os que elixirán, entre todos os proxectos presentados, os 2 con maior prospección e capacidade de éxito, para o seu lanzamento. 
Tema: Xeral
Fonte: Atlántica Comunicación
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal