
Fundación Telefónica seleccionou o proxecto galego Tu horto dende cero, creado pola estudante viguesa de Enxeñaría de Telecomunicacións, Eva Fernández, entre as 35 mellores ideas de emprendimiento social de toda España presentadas á terceira fase do programa Think Big - Build-, á que concorreron un total de 60 iniciativas das 300 participantes inicialmente.
A súa elección bríndalle a oportunidade de transformar e mellorar a idea orixinaria de A túa horta dende cero, unha aplicación móbil, que, a xeito de guía, ofrece asesoramento sobre como crear, manter e coidar unha horta, co obxectivo de convertela nun proxecto de éxito. Para iso, contará cun financiamento de ata 3.000 euros e un prazo de seis meses, no que dispoñerá tamén da orientación dun mentor especializado de Telefónica que a guiará no desenvolvemento do proxecto.
Fernández convértese así na única representante galega con praza na terceira etapa de Think Big, programa ao que accedeu ao ser galardoada cunha das súas bolsas de ata 400 euros, tras situarse, precisamente con esta app, entre os oito gañadores da I edición dos Premios APPS Fundación Telefónica, fallados o pasado mes de xaneiro e no que se elixiron as mellores aplicacións móbiles creadas por mozos de entre 18 e 25 anos, en Firefox OS.
Sobre Think Big
Think Big é un proxecto de emprendimiento social liderado por Fundación Telefónica, en colaboración con Movistar. Ofrece mozos de entre 15 e 26 anos, a oportunidade de transformar unha idea propia e que busca un cambio positivo na comunidade, nun proxecto de éxito.
A experiencia, dirixida a fomentar o espírito emprendedor e as habilidades dixitais dos participantes, cumpriu xa dúas edicións nas que se presentaron máis de 2.000 ideas.
A estrutura do programa, que se modificou recentemente, presenta agora un novo formato a xeito de itinerario piramidal, composto por distintos niveis:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_150414_eva.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()