Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo da Plataforma do Voluntariado de España

A PVE lanza unha Plataforma de Formación ao Voluntariado

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 31/03/14 (09:51)

Dende a Plataforma do Voluntariado de España acábase de lanzar unha nova ferramenta, a Plataforma de Formación ao Voluntariado, dirixida a todas as persoas que estean no ámbito formativo das organizacións sociais.


A nova Plataforma xorde para incidir en dúas liñas fundamentais: por unha parte preténdese mellorar o traballo en rede e facilitar a comunicación entre entidades e por outro, consolidar ferramentas pedagóxicas de formación. En definitiva, trátase de crear un espazo de encontro e colaboración que permita avanzar cara a unha formación sobre voluntariado unificada, innovadora e adaptada ás necesidades actuais.


Á plataforma de formación pódese acceder a través do seguinte enlace:http://www.plataformavoluntariado.org/formacion/

Tema: Xeral
Fonte: Socialia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal