
Dende a Plataforma do Voluntariado de España acábase de lanzar unha nova ferramenta, a Plataforma de Formación ao Voluntariado, dirixida a todas as persoas que estean no ámbito formativo das organizacións sociais.
A nova Plataforma xorde para incidir en dúas liñas fundamentais: por unha parte preténdese mellorar o traballo en rede e facilitar a comunicación entre entidades e por outro, consolidar ferramentas pedagóxicas de formación. En definitiva, trátase de crear un espazo de encontro e colaboración que permita avanzar cara a unha formación sobre voluntariado unificada, innovadora e adaptada ás necesidades actuais.
Á plataforma de formación pódese acceder a través do seguinte enlace:http://www.plataformavoluntariado.org/formacion/ [3]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140331_plataforma_del_voluntariado_espana.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.plataformavoluntariado.org/formacion/