Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Wearable para a saúde

Crean roupa intelixente capaz de medir o pulso

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/02/14 (12:20)

A operadora móbil xaponesa NTT Docomo está a traballar coa desenvolvedora de materiais Toray para crear prendas 'Hitoe' ('unha capa' en galego). Trátase duns sensores flexibles do tamaño dunha tarxeta de crédito revestidos por nanofibras que se engaden a unha capa de texido para medir as pulsacións e xerar electrocardiogramas.


Os resultados da monitorización do latido amósanse nas 'apps' da plataforma de salúde de NTT Docomo. Aínda que tamén fabricarán roupa deportiva, non se trata de sensores enfocados á actividade física, senon a fins médicos.


Desta forma, cando un paciente teña que someterse a unha monitorización ambulatoria do rexistro electrocardiográfico -proba Holter- non tería que levar o molesto monitor colgando todo o día.


Os planes de NTT Docomo e Toray pasan por desenvolver pixamas, camisetas, camisóns e incluso un sombreiro. Por suposto, os sensores resisten o paso pola lavadora e son o suficientemente lixeiros para non notalos mentres se levan postos.


O lanzamento de Hitoe entra dentro da estratexia de Docomo para desenvolver tecnoloxía que permita visualizar eadministrar mellor os datos médicos. O ano pasado, Docomo Healthcare -a sección de saúde da operadora- lanzóu Karada-no-kimochi, unha 'app' que transmite a información dos termómetros basales Ormon a 'smartphones' para que as mulleres puideran calcular mellor os seus días de ovulación.

Tema: Xeral
Fonte: europapress
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal