
A operadora móbil xaponesa NTT Docomo está a traballar coa desenvolvedora de materiais Toray para crear prendas 'Hitoe' ('unha capa' en galego). Trátase duns sensores flexibles do tamaño dunha tarxeta de crédito revestidos por nanofibras que se engaden a unha capa de texido para medir as pulsacións e xerar electrocardiogramas.
Os resultados da monitorización do latido amósanse nas 'apps' da plataforma de salúde de NTT Docomo. Aínda que tamén fabricarán roupa deportiva, non se trata de sensores enfocados á actividade física, senon a fins médicos.
Desta forma, cando un paciente teña que someterse a unha monitorización ambulatoria do rexistro electrocardiográfico -proba Holter- non tería que levar o molesto monitor colgando todo o día.
Os planes de NTT Docomo e Toray pasan por desenvolver pixamas, camisetas, camisóns e incluso un sombreiro. Por suposto, os sensores resisten o paso pola lavadora e son o suficientemente lixeiros para non notalos mentres se levan postos.
O lanzamento de Hitoe entra dentro da estratexia de Docomo para desenvolver tecnoloxía que permita visualizar eadministrar mellor os datos médicos. O ano pasado, Docomo Healthcare -a sección de saúde da operadora- lanzóu Karada-no-kimochi, unha 'app' que transmite a información dos termómetros basales Ormon a 'smartphones' para que as mulleres puideran calcular mellor os seus días de ovulación.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140203_Wearable.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()