Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cidade da Cultura

A Xunta reúne nunha xornada 13 exemplos de boas prácticas de responsabilidade social empresarial do sector tecnolóxico en Galicia

  • Máis dunha ducia de empresas TIC exporán mañá en Santiago casos de éxito en diferentes ámbitos da RSE, nun encontro organizado pola Amtega e a Consellería de Traballo e Benestar
  • Os interesados en asistir pódense inscribir de balde a través do mail voluntariadodixital@xunta.es
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 19/11/13 (12:55)

Divulgar os beneficios e vantaxes da Responsabilidade Social Empresarial no eido específico das empresas tecnolóxicas é o obxectivo da Xornada que se celebra mañá no Edificio CINC da Cidade da Cultura. O encontro organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar reúne a 13 empresas TIC que exporán casos reais de boas prácticos en diferentes ámbitos da RSE

Baixo o título “Exemplos de boas prácticas de Responsabilidade Social Empresarial no sector TIC galego”, a xornada estrutúrase en tres mesas temáticas. A primeira delas exporá solucións ou produtos TIC orientadas ao eido da saúde, o benestar ou o envellecemento activo, cos casos concretos de Imaxdi, Bahía Software e Wireless Galicia.

Na mesa de boas prácticas para mellorar o lugar de traballo, Instra Ingenieros, Everis, e Igalia darán conta das medidas que desenvolveron para medidas pra conciliar a vida laboral e familiar, promover a igualdade de oportunidades, mellorar a comunicación interna e facilitar a formación do seu persoal.

A terceira mesa abordará as boas prácticas con impacto na comunidade da man de Iterdata, Balidea e Abertal, que exporán iniciativas como o voluntariado corporativo, outras que favorecen a integración social ou laboral a nivel local, doazóns en metálico ou especies a institucións sociais...

A cuarta e última mesa de mañá analizará casos integrais de boas prácticas coas empresas Ednon, R e Tecnocom, como exemplos de entidades que integran a RSE de forma transversal en todas as funcións de negocio.

Os interesados en asistir a xornada poden inscribirse de balde enviando un correo electrónico á dirección voluntariadodixital@xunta.es e poden acceder ao programa da a través de : https://voluntariadodixital.xunta.es/sites/default/files/PDF/recursos/Programa%20RSE-TIC.pdf

Colaboración as principais asociacións do sector

A xornada conta coa colaboracións das principais asociacións empresariais do sector TIC en Galicia, a Asociación galega de Empresas de Software Libre AGASOL, a Asociación Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación, AGESTIC, a Asociación de Empresas Galegas dedicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías EGANET, e o Clúster TIC cuxos máximos representantes moderarán as mesas de debate.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal