
Divulgar os beneficios e vantaxes da Responsabilidade Social Empresarial no eido específico das empresas tecnolóxicas é o obxectivo da Xornada que se celebra mañá no Edificio CINC da Cidade da Cultura. O encontro organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar reúne a 13 empresas TIC que exporán casos reais de boas prácticos en diferentes ámbitos da RSE
Baixo o título “Exemplos de boas prácticas de Responsabilidade Social Empresarial no sector TIC galego”, a xornada estrutúrase en tres mesas temáticas. A primeira delas exporá solucións ou produtos TIC orientadas ao eido da saúde, o benestar ou o envellecemento activo, cos casos concretos de Imaxdi, Bahía Software e Wireless Galicia.
Na mesa de boas prácticas para mellorar o lugar de traballo, Instra Ingenieros, Everis, e Igalia darán conta das medidas que desenvolveron para medidas pra conciliar a vida laboral e familiar, promover a igualdade de oportunidades, mellorar a comunicación interna e facilitar a formación do seu persoal.
A terceira mesa abordará as boas prácticas con impacto na comunidade da man de Iterdata, Balidea e Abertal, que exporán iniciativas como o voluntariado corporativo, outras que favorecen a integración social ou laboral a nivel local, doazóns en metálico ou especies a institucións sociais...
A cuarta e última mesa de mañá analizará casos integrais de boas prácticas coas empresas Ednon, R e Tecnocom, como exemplos de entidades que integran a RSE de forma transversal en todas as funcións de negocio.
Os interesados en asistir a xornada poden inscribirse de balde enviando un correo electrónico á dirección voluntariadodixital@xunta.es [2] e poden acceder ao programa da a través de : https://voluntariadodixital.xunta.es/sites/default/files/PDF/recursos/Programa%20RSE-TIC.pdf [4]
Colaboración as principais asociacións do sector
A xornada conta coa colaboracións das principais asociacións empresariais do sector TIC en Galicia, a Asociación galega de Empresas de Software Libre AGASOL, a Asociación Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación, AGESTIC, a Asociación de Empresas Galegas dedicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías EGANET, e o Clúster TIC cuxos máximos representantes moderarán as mesas de debate.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/CidadeCultura1.jpg
[2] mailto:voluntariadodixital@xunta.es
[3] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[4] https://voluntariadodixital.xunta.es/sites/default/files/PDF/recursos/Programa%20RSE-TIC.pdf