Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
MIASoft

O Sistema Miasoft do CITIC, a solución para o complicado diagnóstico da Síndrome da Apnea do Sono


  • Miasoft é un sistema de monitorización intelixente da Síndrome de Apnea do Sono que analiza os sinais monitorizados en pacientes sometidos á polisomnografía nocturna, tanto relacionados coa función respiratoria do paciente, como co sono do paciente.

  • Mediante Intelixencia Artificial realízase unha análise máis rápida e efectiva da Síndrome desta alteración que afecta a máis de 3 millóns de persoas en España e que pode causar a morte. 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 20/01/14 (10:03)

Fatiga permanente, estrés crónico, patoloxías cardíacas, somnolencia diúrna... Estos son algúns dos síntomas e/ou problemas que pode levar consigo a Síndrome de Apnea do Sono, unha enfermidade que en España afecta a aproximadamente 3 millóns de persoas e que pode ocasionar a morte. Pola súa natureza e características, esta síndrome é dificilmente diagnosticable polo paciente ao manifestarse no proceso do sono, algo no que as investigacións do CITIC están a traballar para darlle solución. Neste contexto, a creación de Miasoft por integrantes do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDA) do CITIC, é o último desenvolvemento, e está lista para a súa comercialización inmediata.


Miasoft é un sistema de monitorización intelixente da Síndrome de Apnea do Sono resultado de máis de quince anos de investigación en Intelixencia Artificial que analiza os sinais monitorizados en pacientes sometidos á polisomnografía nocturna, tanto relacionados coa función respiratoria do paciente, como co sono do paciente.


O sistema Miasoft identifica episodios apneicos durante o sono, clasificándoos en obstrutivos, centrais ou mixtos establecendo un diagnóstico global da síndrome no contexto do hipnograma do paciente. Durante estes episodios e segundo o tipo de apnea, o paciente ou sofre unha oclusión das vías respiratorias, ou se "esquece de respirar", o que provoca unha diminución do osíxeno en sangue. Cando este nivel descende a un 95% dispáranse todas as alarmas e o individuo responde fisioloxicamente e de formas distintas á hipoxemia asociada.


Entre as vantaxes que presenta Miasoft encóntrase a súa total adaptabilidade, trátase dun sistema 100% configurable, dende o principio ata o final. En total, Miasoft inclúe 12 canles de monitorización máis o contexto da análise. Para o desenvolvemento do seu software empregáronse diferentes tecnoloxías de lóxica difusa, redes de neuronas e recoñecemento de patróns. 


Ler nova completa

Tema: Xeral
Fonte: CITIC
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal