
Fatiga permanente, estrés crónico, patoloxías cardíacas, somnolencia diúrna... Estos son algúns dos síntomas e/ou problemas que pode levar consigo a Síndrome de Apnea do Sono, unha enfermidade que en España afecta a aproximadamente 3 millóns de persoas e que pode ocasionar a morte. Pola súa natureza e características, esta síndrome é dificilmente diagnosticable polo paciente ao manifestarse no proceso do sono, algo no que as investigacións do CITIC están a traballar para darlle solución. Neste contexto, a creación de Miasoft por integrantes do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDA) do CITIC, é o último desenvolvemento, e está lista para a súa comercialización inmediata.
Miasoft [3]é un sistema de monitorización intelixente da Síndrome de Apnea do Sono resultado de máis de quince anos de investigación en Intelixencia Artificial que analiza os sinais monitorizados en pacientes sometidos á polisomnografía nocturna, tanto relacionados coa función respiratoria do paciente, como co sono do paciente.
O sistema Miasoft identifica episodios apneicos durante o sono, clasificándoos en obstrutivos, centrais ou mixtos establecendo un diagnóstico global da síndrome no contexto do hipnograma do paciente. Durante estes episodios e segundo o tipo de apnea, o paciente ou sofre unha oclusión das vías respiratorias, ou se "esquece de respirar", o que provoca unha diminución do osíxeno en sangue. Cando este nivel descende a un 95% dispáranse todas as alarmas e o individuo responde fisioloxicamente e de formas distintas á hipoxemia asociada.
Entre as vantaxes que presenta Miasoft encóntrase a súa total adaptabilidade, trátase dun sistema 100% configurable, dende o principio ata o final. En total, Miasoft inclúe 12 canles de monitorización máis o contexto da análise. Para o desenvolvemento do seu software empregáronse diferentes tecnoloxías de lóxica difusa, redes de neuronas e recoñecemento de patróns.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140120_LogoMiasoft.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://citic-research.org/actividad/proyectos/5
[4] http://www.citic.udc.es/sala_de_prensa/noticias?first_item=1869691600&subpage=noticias_del_citic