Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
e-Mintza, o comunicador pictográfico para persoas con autismo

e-Mintza, o comunicador pictográfico para persoas con autismo, dispoñible para ipad

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 20/01/14 (09:40)

e-Mintza, o comunicador pictográfico para persoas con autismo, con máis de 50.000 descargas en distintos sistemas operativos, xa está dispoñible para iPad.


Descarga gratuita de e-Mintza para iPad


e-Mintza presenta un taboleiro de comunicación con pictogramas ou imaxes e sons asociados que permiten unha comunicación directa e sinxela. O taboleiro é doadamente personalizable en canto á lingua utilizada, textos, imaxes, vídeos ou sons, en función das necesidades do usuario, quen poderá interactuar preferentemente a través dunha pantalla táctil nun dispositivo tipo tablet, pero tamén a través do rato no caso dunha pantalla de ordenador non táctil.


Nacido da colaboración entre a Fundación Orange e a Fundación Dr. Carlos Elósegui de Policlínica Gipuzkoa, permite que o usuario poida comunicarse con outras persoas mediante o uso de tecnoloxía táctil e multimedia, adaptándose doadamente ás necesidades dos seus usuarios. Así mesmo promove a súa autonomía a través dunha axenda personalizada. 

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Orange
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal