Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Xornada de Transferencia Tecnolóxica sobre eSaúde

Gradiant celebrará unha Xornada de Transferencia Tecnolóxica sobre eSaúde o día 24 de Xaneiro

Versión para impresiónSend by email
Santiago de Compostela, 08/01/14 (08:30)

A Comisión Europea advertiu en repetidas ocasións que é necesaria unha aposta pola eSaúde para garantir a asistencia sanitaria de calidade hoxe e sobre todo, de cara ao futuro. Sen ela, o futuro dos sistemas sanitarios públicos podería verse comprometido, debido entre outros factores ao envellecemento da poboación e ao aumento de pacientes crónicos. De feito, estas recomendacións están moi presentes no programa que marcará as liñas de acción en I+D en Europa de aquí ao ano 2020


O evento contará con representantes da Comisión Europea, da Administración, das principais empresas do ámbito TIC aplicado á saúde do Estado e dos principais Centros Hospitalarios de España e de Galicia.


Durante a Xornada, investigadores do centro tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia demostrarán as capacidades dos seus últimos proxectos de investigación, e tamén explicarán como e en que medida as tecnoloxías da información poden contribuír ao campo da Saúde.


Ademais, un importante panel de expertos provenientes da industria e do sector socio-sanitario debaterán sobre o futuro da I+D+i no ámbito da eSaúde, ademais de sobre o papel dos Centros de Investigación para apoiar as empresas no logro dos seus obxectivos.


O programa dos relatorios pódese descargar aquí: Programa

Inscricións no seguinte enlace: Formulario de Inscrición

Tema: Xeral
Fonte: Gradiant
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal