
A Comisión Europea advertiu en repetidas ocasións que é necesaria unha aposta pola eSaúde para garantir a asistencia sanitaria de calidade hoxe e sobre todo, de cara ao futuro. Sen ela, o futuro dos sistemas sanitarios públicos podería verse comprometido, debido entre outros factores ao envellecemento da poboación e ao aumento de pacientes crónicos. De feito, estas recomendacións están moi presentes no programa que marcará as liñas de acción en I+D en Europa de aquí ao ano 2020
O evento contará con representantes da Comisión Europea, da Administración, das principais empresas do ámbito TIC aplicado á saúde do Estado e dos principais Centros Hospitalarios de España e de Galicia.
Durante a Xornada, investigadores do centro tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia demostrarán as capacidades dos seus últimos proxectos de investigación, e tamén explicarán como e en que medida as tecnoloxías da información poden contribuír ao campo da Saúde.
Ademais, un importante panel de expertos provenientes da industria e do sector socio-sanitario debaterán sobre o futuro da I+D+i no ámbito da eSaúde, ademais de sobre o papel dos Centros de Investigación para apoiar as empresas no logro dos seus obxectivos.
O programa dos relatorios pódese descargar aquí: Programa [3]
Inscricións no seguinte enlace: Formulario de Inscrición [4]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140108_eSalud.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.gradiant.org/images/stories/files/PosterV1.pdf
[4] https://docs.google.com/a/gradiant.org/forms/d/1bHiOUs8yTOq8u9zDbypo7cemYFaGcYNPL0w9p_wUAek/viewform