Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

A App "Contigo", sobre o cancrode mama, recoñecida como unha das mellores de 2013 nos premios Tab Innovation

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/11/13 (09:12)

A aplicación "Contigo", desenvolvida por HM Hospitales, Wake App Health e Avon para mulleres que sofren cancro de mama, e que foi lanzada hai cinco meses na App Store para ser utilizada en iPad, foi recoñecida como unha das mellores aplicacións deste ano 2013 nos Premios "TAB Innovation" celebrados o pasado mes de outubro.


"Contigo" trata a historia de 16 mulleres que superaron xa o cancro de mama e que narran a súa experiencia durante a súa enfermidade dende o día que llo diagnosticaron, a primeira sesión de quimioterapia que tiveron, a relación cos familiares e persoas máis achegadas, as súas sensacións e o proceso final do tratamento.


Ademais de conter un contido rigoroso, foi avalada por profesionais da sanidade.


Accede á noticia completa aquí.

Tema: Xeral
Fonte: europapress
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal