
A aplicación "Contigo", desenvolvida por HM Hospitales, Wake App Health e Avon para mulleres que sofren cancro de mama, e que foi lanzada hai cinco meses na App Store para ser utilizada en iPad, foi recoñecida como unha das mellores aplicacións deste ano 2013 nos Premios "TAB Innovation" celebrados o pasado mes de outubro.
"Contigo" trata a historia de 16 mulleres que superaron xa o cancro de mama e que narran a súa experiencia durante a súa enfermidade dende o día que llo diagnosticaron, a primeira sesión de quimioterapia que tiveron, a relación cos familiares e persoas máis achegadas, as súas sensacións e o proceso final do tratamento.
Ademais de conter un contido rigoroso, foi avalada por profesionais da sanidade.
Accede á noticia completa aquí [2].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[2] http://www.europapress.es/salud/asistencia/noticia-aplicacion-contigo-cancer-mama-reconocida-mejores-2013-20131104115044.html