Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Plataforma solidaria Donator

Donator: un exemplo de proxecto de solidariedade 2.0

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/10/13 (09:41)

Donator é unha plataforma web solidaria que contribúe á captación de fondos para ONGs dunha forma distinta, xa que non é o usuario o que realiza a doazón, senón que este pon a intención, e son outros os que poñen o diñeiro.


Pero, como é isto posible? Moi sinxelo, as empresas necesitan trasladar a súa mensaxe aos consumidores, as ong necesitan financiamento e existen moitos usuarios no mundo aos que lles gustaría colaborar, pero non teñen diñeiro para facelo.


Donator ofrece a solución, cada vez que un usuario visualiza un anuncio, a empresa anunciante realiza unha microdoazón á ONG que o usuario elixa. Desta forma, todos gañan: os usuarios poden colaborar gratuitamente, doando exclusivamente uns minutos do seu tempo; as empresas conseguen dar a coñecer os seus produtos ou servizos; e as ong logran financiamento.


Como funciona?


1. Publicación. Publícanse os anuncios das empresas colaboradoras.


2. Visualización. Os usuarios escollen o vídeo ou vídeos que queren ver, e reprodúceno (completo).


3. Doazón. Unha vez finalizado o vídeo os usuarios deben decidir con que causa queren colaborar, e a empresa anunciante realizará a doazón no seu lugar.


Actualmente pódese colaborar con ONGs como: Axuda en Acción, Mans Unidas, Fundación Adsis, Pallapupas, Fundación Daina, Fundación Exit, Amics de la Gent Gran e Adama. 


Para ver a nova completa pica aquí.

Tema: Xeral
Fonte: Sector 3.0
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal