
Donator [3] é unha plataforma web solidaria que contribúe á captación de fondos para ONGs dunha forma distinta, xa que non é o usuario o que realiza a doazón, senón que este pon a intención, e son outros os que poñen o diñeiro.
Pero, como é isto posible? Moi sinxelo, as empresas necesitan trasladar a súa mensaxe aos consumidores, as ong necesitan financiamento e existen moitos usuarios no mundo aos que lles gustaría colaborar, pero non teñen diñeiro para facelo.
Donator ofrece a solución, cada vez que un usuario visualiza un anuncio, a empresa anunciante realiza unha microdoazón á ONG que o usuario elixa. Desta forma, todos gañan: os usuarios poden colaborar gratuitamente, doando exclusivamente uns minutos do seu tempo; as empresas conseguen dar a coñecer os seus produtos ou servizos; e as ong logran financiamento.
Como funciona?
1. Publicación. Publícanse os anuncios das empresas colaboradoras.
2. Visualización. Os usuarios escollen o vídeo ou vídeos que queren ver, e reprodúceno (completo).
3. Doazón. Unha vez finalizado o vídeo os usuarios deben decidir con que causa queren colaborar, e a empresa anunciante realizará a doazón no seu lugar.
Actualmente pódese colaborar con ONGs como: Axuda en Acción, Mans Unidas, Fundación Adsis, Pallapupas, Fundación Daina, Fundación Exit, Amics de la Gent Gran e Adama.
Para ver a nova completa pica aquí [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_131025_donator-plataforma-solidaria.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.donator.es/
[4] http://www.sector30.es/donator-convierte-el-tiempo-de-los-usuarios-en-donaciones-solidarias/