Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

O goberno estadounidense publica unha guía para regular o desenvolvemento de apps de saúde

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/10/13 (09:45)

A Food and Drug Administration dos Estados Unidos (FDA, polas súas siglas en inglés) publicou unha guía para desenvolvedores de aplicacións de saúde que provean funcións similares aos aparatos médicos tradicionais. A intención da axencia é regular as aplicacións móbiles que presenten un maior risco para os pacientes ou que non funcionan como deberían e ao mesmo tempo fomentar a innovación.


En concreto, a FDA quere regular aquelas apps que foron deseñadas para ser utilizadas como accesorios de aparatos médicos regulados, como por exemplo, aplicacións que permiten facer diagnósticos a distancia a partir dunha imaxe realizada ou enviada a través dun móbil.


Así mesmo, pretende regular aplicacións que transforman unha determinada plataforma móbil nun aparato médico como por exemplo, un electrocardiógrafo ou un medidor de glicosa.


Segundo a FDA, as aplicacións móbiles de saúde teñen o poder de transformar a atención sanitaria. Por un lado, permiten aos médicos realizar fóra do ambiente sanitario tradicional. Ademais, facilitan a moitos pacientes xestionar a súa saúde e benestar ao prover acceso a información útil e veraz dende calquera lugar.


A páxina de web da FDA achega  máis información, que está dispoñible unicamente en inglés. 

Tema: Xeral
Fonte: ihealthgroup.org
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal