Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Presentación pública do Servizo de Axente de Recursos Sociais

Inauguración do servizo de Axente de Recursos Sociais

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/09/13 (08:21)

O pasado venres, 13 de setembro, a Conselleira de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia, Dña. Beatriz Mato e a Xerente de Diversidade e Integración da Fundación repsol, Dña. Luisa Roldán, xunto con D. Iker Sertucha Lista, o noso Presidente, inauguraron e presentaron publicamente o SERVIZO DE AXENTE DE RECURSOS SOCIAIS. No acto estiveron presentes representantes da Xunta, de Fundación repsol e de repsol Coruña, en concreto, D. Jose Peña.


A través desta innovadora iniciativa ofrécese ás persoas xordas información e orientación sobre recursos sociais, educativos e laborais a través dun sistema de videoconferencia BILDTEC, ao que se accede por un enlace na páxina web da FAXPG.


Deste xeito, calquera persoa xorda e/ou con minusvalidez auditiva pode facer consultas sen necesidade de trasladarse aos servizos que a FAXPG ofrece na súa sede central e nas axencias situadas en seis das principais cidades de Galicia.


É un sistema online no que o axente de recursos sociais, unha persoa xorda, atende aos usuarios por un sistema de videoconferencia, ben en Lingua de Signos Española ou ben a través de texto escrito, informando sobre as dúbidas que se lle formulen sobre a xestión de recursos sociais, educativos e laborais.


É un servizo pioneiro, posto que moitos dos teléfonos de información que están a disposición dos cidadáns non son accesibles para persoas xordas.


Este servizo ponse en marcha por parte da FAXPG grazas á colaboración da Fundación Repsol e no marco do convenio entre FAXPG e a Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia.

Tema: Xeral
Fonte: FAXPG
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal