Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Congreso Internacional DRT4ALL 'Unha sociedade accesible onde o protagonista és

Congreso Internacional DRT4ALL 'Unha sociedade accesible onde o protagonista és ti'

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 22/08/13 (10:17)

DRT4ALL é un encontro científico onde se queren pór de manifesto os diversos aspectos relacionados coas novas tecnoloxías da información e a comunicación, a súa accesibilidade, coñecer os avances neste tema, así como a domótica e a robótica, entre outros.

É un feito evidente que estas tecnoloxías poden e deben axudar a todos, en ocasións o descoñecemento sobre a existencia destas novas tecnoloxías e a dificultade no seu manexo aumenta a incerteza nas persoas que presentan limitacións funcionais, xa sexa por discapacidade ou por motivos de idade.

O obxectivo de DRT4ALL é o de expor materiais e proxectos a dar a coñecer;  é un escaparate do futuro aberto ao presente.

Se estás interesado en coñecer máis do V Congreso Internacional de Deseño, Redes de Investigación e Tecnoloxía para todos, a continuación nas dúas seguintes ligazóns atopará máis información e o seu programa provisional:

Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal