
DRT4ALL é un encontro científico onde se queren pór de manifesto os diversos aspectos relacionados coas novas tecnoloxías da información e a comunicación, a súa accesibilidade, coñecer os avances neste tema, así como a domótica e a robótica, entre outros.
É un feito evidente que estas tecnoloxías poden e deben axudar a todos, en ocasións o descoñecemento sobre a existencia destas novas tecnoloxías e a dificultade no seu manexo aumenta a incerteza nas persoas que presentan limitacións funcionais, xa sexa por discapacidade ou por motivos de idade.
O obxectivo de DRT4ALL é o de expor materiais e proxectos a dar a coñecer; é un escaparate do futuro aberto ao presente.
Se estás interesado en coñecer máis do V Congreso Internacional de Deseño, Redes de Investigación e Tecnoloxía para todos, a continuación nas dúas seguintes ligazóns atopará máis información e o seu programa provisional:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130822_drt4all.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.discapnet.es/Castellano/areastematicas/tecnologia/DRT4ALL/ES/DRT4ALL1013/Paginas/Introduccion.aspx
[4] http://www.discapnet.es/Castellano/areastematicas/tecnologia/DRT4ALL/ES/DRT4ALL1013/Paginas/programa5.aspx