Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Voluntariado Dixital

Un Voluntario Dixital comeza mañá a impartir un curso no Concello de Pontecesures

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 01/08/13 (12:54)

Un Voluntario Dixital comeza mañá a súa actividade como formador no "Curso de Iniciación a Internet" organizado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Pontecesures.

O curso vai destinado a persoas da terceira idade que desexen iniciarse no mundo das novas tecnoloxías e aprender a utilizalas no día a día (correo electrónico, solicitude de consultas médicas, xestións bancarias, etc).

A acción formativa desenvolverase durante os venres do mes de agosto e cada sesión terá unha duración de 2 horas.

As persoas interesadas en participar poden informarse contactando co concello a través do correo electrónico concello@pontecesures.org ou no teléfono 986 557 125.

Tema: Xeral
Fonte: VolDIX
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal