
Un Voluntario Dixital comeza mañá a súa actividade como formador no "Curso de Iniciación a Internet" organizado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Pontecesures.
O curso vai destinado a persoas da terceira idade que desexen iniciarse no mundo das novas tecnoloxías e aprender a utilizalas no día a día (correo electrónico, solicitude de consultas médicas, xestións bancarias, etc).
A acción formativa desenvolverase durante os venres do mes de agosto e cada sesión terá unha duración de 2 horas.
As persoas interesadas en participar poden informarse contactando co concello a través do correo electrónico concello@pontecesures.org [3] ou no teléfono 986 557 125.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/LOGO_VOLDIX_0.PNG
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] mailto:concello@pontecesures.org