Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
AbaPlanet

AbaPlanet: a primeira app para iPad para nenos con necesidades especiais

 

 

 

  • Permite realizar exercicios de linguaxe receptiva e de emparellamento para aprender 350 palabras de vocabulario básico
  • Inclúe un sistema intelixente que adapta automáticamente o nivel de dificultade
  • Incorpora os outros dous elementos fundamentais do método ABA: actividades de premio e un sistema de rexistro que emite informes sobre a actividade do alumno
  • AbaPlanet é unha app gratuita

 

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 31/07/13 (09:13)

AbaPlanet é unha app de aprendizaxe avanzada e extensible que permite realizar exercicios de linguaxe receptiva e de emparellamento para aprender 350 palabras de vocabulario básico. Inclúe un sistema intelixente que adapta automaticamente o nivel de dificultade a medida que o alumno vai aprendendo. AbaPlanet tamén permite definir sesións personalizadas de aprendizaxe e adaptar o funcionamento dos exercicios tendo en conta as capacidades de cada neno.

Máis aló dos exercicios, AbaPlanet incorpora os outros dous elementos fundamentais do método ABA (Applied Behavior Analysis): actividades de premio (xogos, vídeos, etc.) que se intercalan entre os exercicios, e un sistema de rexistro que emite informes sobre a actividade do alumno. ABA é o método para nenos con necesidades especiais como o autismo que conta con máis evidencias científicas e estudos que avalan a súa idoneidade. ABA é a base da maioría de intervencións para estes nenos en países como Estados Unidos e Canadá.

AbaPlanet proporciona a pais e educadores unha ferramenta pedagógicamente moi sólida e ben construída. AbaPlanet pódese utilizar como soporte en determinadas sesións baseadas en ABA ou como ferramenta para que o neno realice sesións complementarias sen necesidade da presenza continua dun adulto. AbaPlanet é unha app gratuíta que inclúe vocabulario básico, e 20 packs de expansión de vocabulario e de actividades de premio.

A Fundación Planeta Imaginario é un centro clínico, de formación e de investigación, que ofrece, desde hai 10 anos, programas de intervención conductual, temperá e intensiva para nenos con Trastorno Xeneralizado do Desenvolvemento. Conta cun equipo psicopedagógico de 20 profesionais cunha longa traxectoria en intervencións ABA. A Fundación xa desenvolveu en 2012 outra app para nenos con necesidades especiais, iSECUENCIAS, centrada na aprendizaxe de 100 secuencias de hábitos de autonomía, situacións sociais cotiás e emocións.

Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal