
AbaPlanet [3] é unha app de aprendizaxe avanzada e extensible que permite realizar exercicios de linguaxe receptiva e de emparellamento para aprender 350 palabras de vocabulario básico. Inclúe un sistema intelixente que adapta automaticamente o nivel de dificultade a medida que o alumno vai aprendendo. AbaPlanet tamén permite definir sesións personalizadas de aprendizaxe e adaptar o funcionamento dos exercicios tendo en conta as capacidades de cada neno.
Máis aló dos exercicios, AbaPlanet incorpora os outros dous elementos fundamentais do método ABA (Applied Behavior Analysis): actividades de premio (xogos, vídeos, etc.) que se intercalan entre os exercicios, e un sistema de rexistro que emite informes sobre a actividade do alumno. ABA é o método para nenos con necesidades especiais como o autismo que conta con máis evidencias científicas e estudos que avalan a súa idoneidade. ABA é a base da maioría de intervencións para estes nenos en países como Estados Unidos e Canadá.
AbaPlanet proporciona a pais e educadores unha ferramenta pedagógicamente moi sólida e ben construída. AbaPlanet pódese utilizar como soporte en determinadas sesións baseadas en ABA ou como ferramenta para que o neno realice sesións complementarias sen necesidade da presenza continua dun adulto. AbaPlanet é unha app gratuíta que inclúe vocabulario básico, e 20 packs de expansión de vocabulario e de actividades de premio.
A Fundación Planeta Imaginario [4] é un centro clínico, de formación e de investigación, que ofrece, desde hai 10 anos, programas de intervención conductual, temperá e intensiva para nenos con Trastorno Xeneralizado do Desenvolvemento. Conta cun equipo psicopedagógico de 20 profesionais cunha longa traxectoria en intervencións ABA. A Fundación xa desenvolveu en 2012 outra app para nenos con necesidades especiais, iSECUENCIAS, centrada na aprendizaxe de 100 secuencias de hábitos de autonomía, situacións sociais cotiás e emocións.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130730_AbaPlanet.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.abaplanet.com/es/
[4] http://www.planetaimaginario.org/