Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
REDIS: Revista española da discapacidade

Nace ‘redis’, a primeira revista española científica sobre discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/07/13 (09:55)

O Centro Español de Documentación sobre Discapacidade (CEDD), co patrocinio do Real Padroado sobre Discapacidade, desenvolveu REDIS, a primeira edición dunha revista semestral especializada en discapacidade que, publicada en formato electrónico e xestionada mediante 'Open Journal Systems', pretende ser un referente no ámbito académico, científico e profesional na análise da discapacidade desde unha perspectiva multidisciplinar.

A publicación conta cun formato dixital estándar, que é accesible para todos e que serve para que os documentos da revista teñan unha maior difusión a nivel internacional, porque esa información entra directamente en bases científicas internacionais.

A publicación componse de tres seccións: Artigos, onde caben traballos científicos, de reflexión teórica, investigación e práctica profesional sobre discapacidade; Tribuna, un espazo aberto dirixido a asociacións, persoas con discapacidade e profesionais, para a difusión de boas prácticas, ideas e reflexións, e Reseñas, onde se recollen as publicacións de actualidade que teñan como temática principal a discapacidade.

"A idea da revista é promover todo o coñecemento científico en materia de discapacidade para que chegue a profesionais, a persoas con discapacidade, a científicos, a académicos universitarios e á sociedade en xeral. Queremos que se coñezan todos os avances científicos en materia de discapacidade", indicou Eduardo Díaz, secretario de redacción da revista.

Para ler a noticia completa pica aquí.

Tema: Xeral
Fonte: SERVIMEDIA
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal