O Centro Español de Documentación sobre Discapacidade (CEDD), co patrocinio do Real Padroado sobre Discapacidade, desenvolveu REDIS [3], a primeira edición dunha revista semestral especializada en discapacidade que, publicada en formato electrónico e xestionada mediante 'Open Journal Systems', pretende ser un referente no ámbito académico, científico e profesional na análise da discapacidade desde unha perspectiva multidisciplinar.
A publicación conta cun formato dixital estándar, que é accesible para todos e que serve para que os documentos da revista teñan unha maior difusión a nivel internacional, porque esa información entra directamente en bases científicas internacionais.
A publicación componse de tres seccións: Artigos, onde caben traballos científicos, de reflexión teórica, investigación e práctica profesional sobre discapacidade; Tribuna, un espazo aberto dirixido a asociacións, persoas con discapacidade e profesionais, para a difusión de boas prácticas, ideas e reflexións, e Reseñas, onde se recollen as publicacións de actualidade que teñan como temática principal a discapacidade.
"A idea da revista é promover todo o coñecemento científico en materia de discapacidade para que chegue a profesionais, a persoas con discapacidade, a científicos, a académicos universitarios e á sociedade en xeral. Queremos que se coñezan todos os avances científicos en materia de discapacidade", indicou Eduardo Díaz, secretario de redacción da revista.
Para ler a noticia completa pica aquí [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130729_REDIS.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.cedd.net/redis/index.php/redis/index
[4] http://www.servimedia.es/Noticias/DetalleNoticia.aspx?seccion=23&id=307910