Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Prototipo de autodiagnóstico

Novo método de autodiagnóstico para enfermos renais

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/07/13 (09:06)

O Centro de Desenvolvemento de Sensores, Instrumentación e Sistemas (CD6 UPC)), participou no desenvolvemento dun prototipo de autodiagnóstico para os enfermos de litiasis renal.

Trátase dun dispositivo que permite a quen padece esta enfermidade realizar un test diario fora do hospital para, mediante unha análise de ouriños, coñecer se o problema (a presenza de cálculos ou pedras no interior dos riles ou das vías urinarias) persiste.

Á fronte do desenvolvemento deste prototipo atópase Rosendo Garganta, graduado en Enxeñaría Industrial e en Enxeñaría Automática e Electrónica pola Universidade Politécnica de Cataluña, que dirixe a empresa Global Health Home Devices, con sede na localidade barcelonesa de Mataró.

A parte electrónica e a programación do dispositivo leváronse a cabo en CD6 UPC. O proxecto, dirixido polo Dr. Jesús Caum consistiu no deseño electrónico, o desenvolvemento do firmware e a construción de prototipos para un sensor encapsulado estanco co obxectivo de medir o pH dos ouriños.

O prezo, e a sinxeleza de uso do dispositivo (tres iconas con outras tantas cores, verde, branco e vermello, indican ao paciente se os marcadores están en niveis normais, por baixo ou por encima, respectivamente) fan que o seu creador espere que a súa chegada ao mercado en 2014 sexa un éxito.

Máis información.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Centro de Innovación y Tecnología de la Universitat Politècnica de Catalunya
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal