O Centro de Desenvolvemento de Sensores, Instrumentación e Sistemas (CD6 UPC [3])), participou no desenvolvemento dun prototipo de autodiagnóstico para os enfermos de litiasis renal.
Trátase dun dispositivo que permite a quen padece esta enfermidade realizar un test diario fora do hospital para, mediante unha análise de ouriños, coñecer se o problema (a presenza de cálculos ou pedras no interior dos riles ou das vías urinarias) persiste.
Á fronte do desenvolvemento deste prototipo atópase Rosendo Garganta, graduado en Enxeñaría Industrial e en Enxeñaría Automática e Electrónica pola Universidade Politécnica de Cataluña, que dirixe a empresa Global Health Home Devices, con sede na localidade barcelonesa de Mataró.
A parte electrónica e a programación do dispositivo leváronse a cabo en CD6 UPC. O proxecto, dirixido polo Dr. Jesús Caum consistiu no deseño electrónico, o desenvolvemento do firmware e a construción de prototipos para un sensor encapsulado estanco co obxectivo de medir o pH dos ouriños.
O prezo, e a sinxeleza de uso do dispositivo (tres iconas con outras tantas cores, verde, branco e vermello, indican ao paciente se os marcadores están en niveis normais, por baixo ou por encima, respectivamente) fan que o seu creador espere que a súa chegada ao mercado en 2014 sexa un éxito.
Máis información [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130729_Autodiagnostico enfermos renales.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.cit.upc.edu/es/centros_upc/centro/3/cd6_upc
[4] http://www.cit.upc.edu/es/destacados/litiasis_renal