Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Cociña Virtual

Cociña virtual para axudar na rehabilitación de persoas con lesións cerebrais mediante adestramento nunha actividade cotiá

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 16/07/13 (12:26)

As persoas con discapacidade cognitiva ou lesións cerebrais sofren dificultades para desprazarse, planificar, comunicarse ou realizar tarefas tan comúns como vestirse ou asearse. Neste artigo descríbese un sistema de axuda á rehabilitación para este tipo de pacientes que emprega Realidade Virtual (RV).

Neste sistema, os pacientes interactuar co escenario virtual 3 D dunha cociña e formúlanse actividades tipo preparación da lista da compra, para favorecer a rehabilitación cognitiva e física. Con estas actividades poténcianse capacidades como a memoria, a atención e a psicomotricidade simultáneamente. O control do escenario realízase mediante unha interface natural de usuario baseada en xestos, polo que non é necesario ningún tipo de adestramento. Unha vez concluída a actividade, o sistema xera informes automáticos de actividade que permiten aos terapeutas avaliar o progreso dos pacientes.

En probas realizadas con pacientes reais con este sistema, os terapeutas indicaron unha motivación e afán de superación maior nos pacientes, que cando se empregaban exercicios convencionais.

Para acceder ao artigo completo pica aquí.

Tema: Xeral
Fonte: RevistaeSalud.com
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal