
As persoas con discapacidade cognitiva ou lesións cerebrais sofren dificultades para desprazarse, planificar, comunicarse ou realizar tarefas tan comúns como vestirse ou asearse. Neste artigo descríbese un sistema de axuda á rehabilitación para este tipo de pacientes que emprega Realidade Virtual (RV).
Neste sistema, os pacientes interactuar co escenario virtual 3 D dunha cociña e formúlanse actividades tipo preparación da lista da compra, para favorecer a rehabilitación cognitiva e física. Con estas actividades poténcianse capacidades como a memoria, a atención e a psicomotricidade simultáneamente. O control do escenario realízase mediante unha interface natural de usuario baseada en xestos, polo que non é necesario ningún tipo de adestramento. Unha vez concluída a actividade, o sistema xera informes automáticos de actividade que permiten aos terapeutas avaliar o progreso dos pacientes.
En probas realizadas con pacientes reais con este sistema, os terapeutas indicaron unha motivación e afán de superación maior nos pacientes, que cando se empregaban exercicios convencionais.
Para acceder ao artigo completo pica aquí [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130716_Cocina3D.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.revistaesalud.com/index.php/revistaesalud/article/view/633/1229