Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Web Santa Comba na memoria

A historia de Santa Comba na rede. Unha experiencia de Voluntariado Dixital

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 16/07/13 (10:36)

O Blog XenteDixital, impulsado pola AMTEGA, faise eco dun estupendo exemplo de voluntariado dixital: que ocorre cando máis de catrocentos veciños dunha localidade se unen para amosar o seu pasado?

Pois isto é o que podedes ver en www.santacombanamemoria.es, unha web para o recordo e repaso da historia do século XX do municipio xalleiro, narrada a través das máis de 5000 fotografías que achegaron os veciños e empresas da comarca.

As achegas dos veciños precisaron do traballo de escaneado e clasificado dun equipo de persoas liderado por José Luis Varela Martínez, que se encargou de darlle forma á web e dotar de contidos ese espazo en liña.

O propio José Luis Varela Martínez, administrador e deseñador da web, e voluntario do programa cóntanos un pouco sobre a experiencia, nunha entrevista que nos achega Xente Dixital.

Tema: Xeral
Fonte: XenteDixital
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal