
O Blog XenteDixital, impulsado pola AMTEGA, faise eco dun estupendo exemplo de voluntariado dixital: que ocorre cando máis de catrocentos veciños dunha localidade se unen para amosar o seu pasado?
Pois isto é o que podedes ver en www.santacombanamemoria.es [3], unha web para o recordo e repaso da historia do século XX do municipio xalleiro, narrada a través das máis de 5000 fotografías que achegaron os veciños e empresas da comarca.
As achegas dos veciños precisaron do traballo de escaneado e clasificado dun equipo de persoas liderado por José Luis Varela Martínez, que se encargou de darlle forma á web e dotar de contidos ese espazo en liña.
O propio José Luis Varela Martínez, administrador e deseñador da web, e voluntario do programa cóntanos un pouco sobre a experiencia, nunha entrevista [4]que nos achega Xente Dixital.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130716_voldix_santacomba.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.santacombanamemoria.es/
[4] http://blogs.xunta.es/xentedixital/blog/a-historia-de-santa-comba-na-rede-unha-experiencia-de-voluntariado-dixital/