Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Axente de Recursos Sociais

Inicio do servizo de información online a través do Axente de Recursos Sociais

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/07/13 (10:21)

Dende o luns día 8 de xullo calquera persoa xorda que necesite informarse de temas sociais, educativos e laborais poderá poñerse en contacto, a través do sistema BILDTEC, cun Axente de Recursos sociais, mediante un banner situado na web da FAXPG.


Este sistema permitirá a calquera persoa xorda obter información sobre recursos ou consultar calquera dúbida simplemente dispoñendo dun ordenador con acceso a internet.


O Axente de recursos sociais atenderá todas as demandas formuladas e, no caso de ser necesario, derivará ás persoas os servizos específicos que ten a FAXPG como son o Servizo de Atención a persoas xordas, Formación e orientación educativa e Servizo Público de Emprego.


Este servizo ponse en funcionamento por primeira vez en Galicia grazas á colaboración de Fundación Repsol.

Tema: Xeral
Fonte: FAXPG
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal