
Dende o luns día 8 de xullo calquera persoa xorda que necesite informarse de temas sociais, educativos e laborais poderá poñerse en contacto, a través do sistema BILDTEC, cun Axente de Recursos sociais, mediante un banner situado na web da FAXPG [3].
Este sistema permitirá a calquera persoa xorda obter información sobre recursos ou consultar calquera dúbida simplemente dispoñendo dun ordenador con acceso a internet.
O Axente de recursos sociais atenderá todas as demandas formuladas e, no caso de ser necesario, derivará ás persoas os servizos específicos que ten a FAXPG como son o Servizo de Atención a persoas xordas, Formación e orientación educativa e Servizo Público de Emprego.
Este servizo ponse en funcionamento por primeira vez en Galicia grazas á colaboración de Fundación Repsol.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130712_BILDTEC Agente de recursos.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.faxpg.es/