Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
BILDTEC 010 Coruña

BILDTEC incorpora o número de información cidadá 010 do Concello da Coruña

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 12/07/13 (10:10)

O pasado día 1 de xullo implementar se na web do Concello da Coruña un banner que permite ao colectivo de persoas xordas poñerse en contacto coa liña 010 a través da video-interpretación (BILDTEC). Na páxina web da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de GAlicia (FAXPG) tamén existe un banner mediante o que as persoas xordas poderán acceder directamente a este número de información 010.


A persoa xorda dende a súa casa e a través da páxina web do Concello da Coruña pode comunicarse con: O 010 servizo de información cidadá.


O 010 é un número de teléfono que serve para facer chegar aos cidadáns a resposta a unha determinada pregunta referente á cidade (tarxeta de bus, tarxeta de bicicleta, eventos da cidade, concursos ou outros) ou aos servizos municipais (números de teléfono da estrutura municipal e/ou forzas da orde, documentación necesaria para determinados trámites, derivación a departamentos do Concello ou outros)


O Concello da Coruña pon a disposición da cidadanía o BILDTEC en horario de 10.00 a 14.00 horas de Luns a Venres.

Tema: Xeral
Fonte: FAXPG
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal