Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
APP remembr

(re)membr, a aplicación que axuda aos pacientes con Alzheimer e os seus coidadores

 



  • O seu obxectivo é facilitar que os maiores con problemas de Alzheimer ou outras enfermidades dexenerativas similares poidan manter certos niveis de independencia no seu propio fogar.

  • O Método Hoffmann ofrece un novo sistema de coidado e atención personalizada que ten en conta as áreas físicas, psíquicas, cognitivas e sociais.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/07/13 (10:09)

Vitalia e a empresa de tecnoloxía Supertruper lanzan ao mercado a aplicación APP "(re)membr" que permite orientar ás persoas con Alzheimer  e outras demencias nas primeiras fases da enfermidade no seu propio fogar. A aplicación, que se presentou de forma oficial e por vez primeira no Corporate Innovation Center de Telefónica, está sendo testada na rede de centros de día para maiores do Grupo Vitalia e acaba de celebrar o seu lanzamento definitivo.


Vitalia, na súa liña de creación de novos produtos e servizos para os nosos maiores, colabora con Supertruper no desenvolvemento desta nova e exclusiva aplicación para Phone e Android, que favorece a independencia e mellorar a calidade de vida dos seniors con calquera tipo de demencia ao principio da enfermidade. O obxectivo deste lanzamento tecnolóxico é mellorar a calidade de vida dos nosos maiores con problemas de Alzheimer ou outras enfermidades dexenerativas similares, e facilitar que poidan manter certos niveis de independencia no seu propio fogar.


"(re)membr" é unha App para iPhone desenvolvida por Supertruper e Vitalia que permite ás persoas con Alzheimer en estadios iniciais mellorar o seu nivel de vida mediante a identificación de produtos, situacións e lugares para orientarse e poder cubrir as lagoas da súa memoria. Ademais, permite aos familiares e coidadores un maior seguimento e control das súas actividades.


SuperTruper achegou a súa tecnoloxía e Vitalia a aplicación do Método Hoffmann no deseño das mensaxes e a contorna do usuario para garantir a eficacia da aplicación.


O Método Hoffmann está rexistrado como obra científica, o cal ofrece un novo sistema de coidado e atención personalizada que ten en conta as áreas físicas, psíquicas, cognitivas e sociais, co que se obtiveron importantes melloras na saúde e na calidade de vida de moitas persoas.


Como funciona ?(re)membr??


Para o coidador:



  • Etiquetas Personalizadas. Asignación de mensaxes de voz a etiquetas autoadhesivas personalizadas con código de barras para identificar produtos, características, situacións, accións, lugares?

  • Visión a distancia. Permite a identificación do que nun momento concreto está a ver o  maior e non é capaz de entender ou identificar.

  • Control de actividade. Seguimento remoto das actividades dos seus maiores, tanto instantáneo como periódico.

  • Método Hoffmann. Inclúe unha completa guía do Método Hoffmann para asesorar sobre o contido e o uso das etiquetas de maneira terapéutica e personalizada.

Para o enfermo con Alzheimer:



  • Identificación de etiquetas. Simplemente con pór o iPhone diante dunha etiqueta personalizada o coidador lle "dira" coa súa voz que está a tentar identificar.

  • Identificación a distancia. No caso de tentar identificar un lugar, produto ou situación sen etiqueta personalizada automaticamente chegaralle unha mensaxe  ao seu coidador co que o enfermo estaba tentado identificar.

  • Chamada de emerxencia. Pulsando un botón porase en contacto co seu coidador.
Tema: Xeral
Fonte: entremayores.es
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal