
Vitalia e a empresa de tecnoloxía Supertruper lanzan ao mercado a aplicación APP "(re)membr" que permite orientar ás persoas con Alzheimer e outras demencias nas primeiras fases da enfermidade no seu propio fogar. A aplicación, que se presentou de forma oficial e por vez primeira no Corporate Innovation Center de Telefónica, está sendo testada na rede de centros de día para maiores do Grupo Vitalia e acaba de celebrar o seu lanzamento definitivo.
Vitalia, na súa liña de creación de novos produtos e servizos para os nosos maiores, colabora con Supertruper no desenvolvemento desta nova e exclusiva aplicación para Phone e Android, que favorece a independencia e mellorar a calidade de vida dos seniors con calquera tipo de demencia ao principio da enfermidade. O obxectivo deste lanzamento tecnolóxico é mellorar a calidade de vida dos nosos maiores con problemas de Alzheimer ou outras enfermidades dexenerativas similares, e facilitar que poidan manter certos niveis de independencia no seu propio fogar.
"(re)membr" é unha App para iPhone desenvolvida por Supertruper e Vitalia que permite ás persoas con Alzheimer en estadios iniciais mellorar o seu nivel de vida mediante a identificación de produtos, situacións e lugares para orientarse e poder cubrir as lagoas da súa memoria. Ademais, permite aos familiares e coidadores un maior seguimento e control das súas actividades.
SuperTruper achegou a súa tecnoloxía e Vitalia a aplicación do Método Hoffmann no deseño das mensaxes e a contorna do usuario para garantir a eficacia da aplicación.
O Método Hoffmann está rexistrado como obra científica, o cal ofrece un novo sistema de coidado e atención personalizada que ten en conta as áreas físicas, psíquicas, cognitivas e sociais, co que se obtiveron importantes melloras na saúde e na calidade de vida de moitas persoas.
Como funciona ?(re)membr??
Para o coidador:
Para o enfermo con Alzheimer:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130704_remenbr.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()