Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Amovil

Aplicacións Móbiles: para Windows Phone 7 e Android

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/07/13 (10:43)

Discapnet está a lanzar diversas aplicacións para ler as noticias no móbil. As devanditas aplicacións foron realizadas pola empresa de tecnoloxías e accesibilidade Technosite.


Technosite está a traballar no desenvolvemento e elaboración de aplicacións móbiles. Son aplicacións para poder descargar contidos dixitais co Sistema operativo Windows Phone 7 e tamén para Android.


En concreto, permitirán descargar as noticias do portal Discapnet no teléfono móbil. Desa forma, é máis sinxelo o seu acceso e lectura. Na actualidade están dispoñibles para usuarios de Windows Phone 7 e Android, pero espérase que este dispoñible para outros sistemas. Ademais, os usuarios de Android poden enviar as noticias aos seus amigos ou ver as noticias na páxina web.


Dende Discapnet aconséllase a descarga gratuíta de aplicacións para móbiles Smartphone debido á súa utilidade e facilidade de uso, e porque así se saca máis rendemento ao Smartphone.


Outras aplicacións similares


Technosite vai empezar a realizar máis aplicacións para móbiles. As aplicacións teñen como obxectivo poder utilizar o móbil para utilizar servizos cotiáns: como ler noticias, facer compras, revisar o correo, e outras funcións máis que aínda están por presentar.


Como se instalan estas aplicacións móbiles?


Unha vez que se descargue o programa no seu móbil, cada vez que estean conectados poden acceder e ver as últimas noticias publicadas.


Hai que entrar na siguien te páxina web e instalarse a aplicación no móbil. Tendo en conta que só funciona con móbiles Windows phone 7: Aplicación para descargar e ler noticias con Windows Phone 7


Para descargar a aplicación de Android hai que acceder á seguinte aplicación: Aplicación para descargar e ler noticias con Android


Cal é o seu uso ou utilidade?


A aplicación permite ler as noticias de forma máis accesible e cómoda. Todas as aplicacións son accesibles. 


Coñece a accesibilidade móbil: "Amóvil" A accesibilidade esteas onde esteas


   O proxecto Amóvil é un espazo en Internet que trata de axudarche a identificar dispositivos móbiles que se adapten tanto ás túas características persoais coma ás túas preferencias de uso. Respondendo a cuestións relacionadas coas túas capacidades e o uso que fas da tecnoloxía móbil.


En Amóvil tamén encontrarás noticias sobre tecnoloxía móbil en xeral e accesibilidade en particular, un blog sobre deseño de tecnoloxía móbil accesible, datos estatísticos sobre accesibilidade de dispositivos móbiles, etc.


É o resultado dun proxecto promovido por Fundación ONCE titulado "Estudo experimental para a identificación e comparación de tecnoloxías de Internet móbil accesibles e doadas de usar" (proxecto cofinanciado polo Plan Avanza).


Os obxectivos específicos do estudo experimental formulado por Fundación ONCE son:



  • Desenvolver unha metodoloxía que permita realizar unha análise comparativa das diversas tecnoloxías integradas nos dispositivos móbiles (sistemas operativos, compoñentes hardware, software de comunicacións, interfaces de usuario) dende o punto de vista da súa accesibilidade e facilidade de uso, así como dos produtos de apoio e principais servizos de acceso á sociedade da información prestados mediante os mesmos.

  • Analizar a accesibilidade e facilidade de uso dun gran volume de dispositivos móbiles comercializados en España, así como dos principais produtos de apoio e servizos de Internet dispoñibles para estes.

  • Deseñar un sistema experto de busca, selección e configuración de dispositivos móbiles, produtos de apoio compatibles e servizos de acceso á sociedade da información ofrecidos polas operadoras que considere as necesidades de cada usuario, tanto as derivadas da súa diversidade funcional, como das súas preferencias de uso.

  • Xerar coñecemento e conciencia en materia de accesibilidade ás comunicacións móbiles mediante o desenvolvemento dun espazo en Internet participativo (Web 2.0).

  • Abrir unha canle á colaboración de expertos en accesibilidade que actualicen constantemente as características do conxunto de terminais móbiles que se estea a comercializar en España en cada momento para garantir a sostibilidade do proxecto.

  • Concienciar os fabricantes, operadores e distribuidores de telefonía sobre as necesidades de acceso á sociedade da información dos usuarios con diversidade funcional, implicándoos neste proxecto.
Tema: Xeral
Fonte: Discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal