
Discapnet está a lanzar diversas aplicacións para ler as noticias no móbil. As devanditas aplicacións foron realizadas pola empresa de tecnoloxías e accesibilidade Technosite.
Technosite está a traballar no desenvolvemento e elaboración de aplicacións móbiles. Son aplicacións para poder descargar contidos dixitais co Sistema operativo Windows Phone 7 e tamén para Android.
En concreto, permitirán descargar as noticias do portal Discapnet no teléfono móbil. Desa forma, é máis sinxelo o seu acceso e lectura. Na actualidade están dispoñibles para usuarios de Windows Phone 7 e Android, pero espérase que este dispoñible para outros sistemas. Ademais, os usuarios de Android poden enviar as noticias aos seus amigos ou ver as noticias na páxina web.
Dende Discapnet aconséllase a descarga gratuíta de aplicacións para móbiles Smartphone debido á súa utilidade e facilidade de uso, e porque así se saca máis rendemento ao Smartphone.
Outras aplicacións similares
Technosite vai empezar a realizar máis aplicacións para móbiles. As aplicacións teñen como obxectivo poder utilizar o móbil para utilizar servizos cotiáns: como ler noticias, facer compras, revisar o correo, e outras funcións máis que aínda están por presentar.
Como se instalan estas aplicacións móbiles?
Unha vez que se descargue o programa no seu móbil, cada vez que estean conectados poden acceder e ver as últimas noticias publicadas.
Hai que entrar na siguien te páxina web e instalarse a aplicación no móbil. Tendo en conta que só funciona con móbiles Windows phone 7: Aplicación para descargar e ler noticias con Windows Phone 7 [3]
Para descargar a aplicación de Android hai que acceder á seguinte aplicación: Aplicación para descargar e ler noticias con Android [4]
Cal é o seu uso ou utilidade?
A aplicación permite ler as noticias de forma máis accesible e cómoda. Todas as aplicacións son accesibles.
Coñece a accesibilidade móbil: "Amóvil" A accesibilidade esteas onde esteas
O proxecto Amóvil é un espazo en Internet que trata de axudarche a identificar dispositivos móbiles que se adapten tanto ás túas características persoais coma ás túas preferencias de uso. Respondendo a cuestións relacionadas coas túas capacidades e o uso que fas da tecnoloxía móbil.
En Amóvil tamén encontrarás noticias sobre tecnoloxía móbil en xeral e accesibilidade en particular, un blog sobre deseño de tecnoloxía móbil accesible, datos estatísticos sobre accesibilidade de dispositivos móbiles, etc.
É o resultado dun proxecto promovido por Fundación ONCE titulado "Estudo experimental para a identificación e comparación de tecnoloxías de Internet móbil accesibles e doadas de usar" (proxecto cofinanciado polo Plan Avanza).
Os obxectivos específicos do estudo experimental formulado por Fundación ONCE son:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130702_Amovil.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.windowsphone.com/es-ES/apps/5d4a0003-b6d6-df11-a844-00237de2db9e
[4] https://play.google.com/store/apps/details?id=discapnet.technosite&feature=search_result#?t=W251bGwsMSwyLDEsImRpc2NhcG5ldC50ZWNobm9zaXRlIl0.