Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Redes Sociais

O crowdfunding centra o último módulo do curso “Redes sociais e comunicación 2.0”, que se celebra en Santiago o 27 e o 28 de xuño

 



  • Participarán representantes de Goteo, unha das principais plataformas dixitais a nivel estatal para o financiamento colectivo de iniciativas de carácter social

  • A achega galega virá da man de Cruz Vermella e da súa iniciativa de Crowdfunding “Agora + que Nunca”

  • As xornadas, que se celebran no Centro Demostrador TIC, poderán seguirse a través do Twitter co hashtag #socialmaisTIC

  • E tamén a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 25/06/13 (09:16)

Esta semana chega ao seu fin o curso “Redes sociais e comunicación 2.0”, promovido polo programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia. Os días 27 e 28 de xuño pecharase este programa formativo con dúas xornadas sobre o crowdfunding, unha forma de financiamento online que permite, tanto a usuarios individuais coma a organizacións, promover proxectos, accións e actividades específicas grazas a pequenas contribucións por parte dunha masa distribuída de financiadores.


As xornadas son gratuítas e pódese participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo. Ademais, poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #socialmaisTIC. Os interesados en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o día 26 de xuño a través da ligazón:
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=232&pag=0


27 e 28 de xuño


Na xornada do día 27 de xuño, a directora de Xestión Estratéxica da Plataforma Goteo Susana García, explicará a traxectoria e os obxectivos desta rede social creada para cofinanciar e colaborar con proxectos innovadores que fomentan o procomún. A experiencia galega neste eido virá da mana de Sandra López, responsable de Proximidade Local de Cruz Vermella, que contará como está a evolucionar 'Agora + que Nunca', a plataforma de Crowdfunding desta ONG, coa que está a colaborar a Xunta de Galicia e que se puxo en marcha o pasado mes de abril.


O día 28 o consultor TIC para organizacións non lucrativas e autor do blog TecnolONGia.org (http://www.tecnolongia.org/) afondará nas chaves do financiamento a través do crowdfunding. Para rematar a xornada os asistentes coñecerán a experiencia de Pablo Nimio Liboreiro no emprego do crowdfunding no proxecto cultural “Falta Fai”.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal