Esta semana chega ao seu fin o curso “Redes sociais e comunicación 2.0”, promovido polo programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia. Os días 27 e 28 de xuño pecharase este programa formativo con dúas xornadas sobre o crowdfunding, unha forma de financiamento online que permite, tanto a usuarios individuais coma a organizacións, promover proxectos, accións e actividades específicas grazas a pequenas contribucións por parte dunha masa distribuída de financiadores.
As xornadas son gratuítas e pódese participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo. Ademais, poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #socialmaisTIC [3]. Os interesados en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o día 26 de xuño a través da ligazón:
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=232&pag=0 [4]
27 e 28 de xuño
Na xornada do día 27 de xuño, a directora de Xestión Estratéxica da Plataforma Goteo Susana García, explicará a traxectoria e os obxectivos desta rede social creada para cofinanciar e colaborar con proxectos innovadores que fomentan o procomún. A experiencia galega neste eido virá da mana de Sandra López, responsable de Proximidade Local de Cruz Vermella, que contará como está a evolucionar 'Agora + que Nunca', a plataforma de Crowdfunding desta ONG, coa que está a colaborar a Xunta de Galicia e que se puxo en marcha o pasado mes de abril.
O día 28 o consultor TIC para organizacións non lucrativas e autor do blog TecnolONGia.org (http://www.tecnolongia.org/ [5]) afondará nas chaves do financiamento a través do crowdfunding. Para rematar a xornada os asistentes coñecerán a experiencia de Pablo Nimio Liboreiro no emprego do crowdfunding no proxecto cultural “Falta Fai”.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/Redes-Sociales1-300x200_3.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://voluntariadodixital.xunta.es/actividades/
[4] http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=232&pag=0
[5] http://www.tecnolongia.org/