Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Redes Sociais

Os días 20 e 21 impártese en Santiago o terceiro módulo do curso “Redes sociais e comunicación 2.0”, que abordará as funcións do Community Manager

 



  • Afondarase nas normas básicas para o posicionamento en buscadores e a xestión da reputación online

  • O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 19 de xuño

  • A xornada, que se celebra no Centro Demostrador TIC, poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #socialmaisTIC

  • E tamén a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/06/13 (11:45)

O xoves 20 e o venres 21 de xuño o Centro Demostrador TIC de Santiago acolle o terceiro módulo do curso “Redes sociais e comunicación 2.0”, promovido polo programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, e que se centra nas funcións do community manager e nas ferramentas coas que conta para desenvolver o seu traballo.


As persoas interesadas en participar nesta terceira xornada do curso “Redes sociais e comunicación 2.0”, promovido polo programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, poderán formalizar a súa inscrición ata o día 19 de xuño a través da ligazón, http://bit.ly/YLWkCb.


Os obxectivos deste segundo módulo son afondar na figura do community manager, explicar as ferramentas coas que conta para desenvolver a súa función, amosar as nocións básicas para o posicionamento en buscadores e expoñer as claves para a xestión da reputación online.


O curso é gratuíto e pódese participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Ames, Betanzos, Ortigueira, Fisterra, A Coruña, Celanova, A Cañiza e Vigo. Ademais, a xornada poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #socialmaisTIC.


20 e 21 de xuño


Na xornada do día 20, José Alcañiz, xerente de buscadestinos.com e profesor asociado da Escola de Negocios de Caixanova, será o encargado de debullar as funcións do community manager e achegar as claves para sacar o máximo rendemento do seu traballo.


O venres 21 os asistentes coñecerán experiencias prácticas de empresas que contan cun community manager da man de Bárbara Liniado, social media manager de Tuapli, empresa de marketing dixital; Patricia González, community manager e response de marketing online de Mundobebe.net, e Celso Gómez, community manager do Hotel Talaso Atlántico. Ambas as dúas sesións desenvolveranse en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal