Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Muller usando unha tablet.

Vilagarcía impulsará o empoderamento das mulleres a través da formación dixital

Versión para impresiónSend by email
Vilagarcía de Arousa, 22/03/21 (07:40)

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza os vindeiros unha actividade para fomentar o empoderamento feminino pola vía tecnolóxica. Trátase do obradoiro Cara á independencia dixital. Perdéndolle o medo á tecnoloxía, unha acción formativa dirixida a 10 mulleres en situación de vulnerabilidade que se impartirá de forma gratuíta en abril no Centro Municipal de Formación de Matosinhos. A actividade conta con financiamento do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

A área que dirixe Tania García organiza esta actividade ao detectar “un número importante de casos de mulleres que, por descoñecemento, tempo de dedicación ou inseguridade, tenden a delegar nas súas parellas ou fillos a realización de trámites online de todo tipo”, sinala a edil, engadindo que este caso dáse tanto á hora de relacionárense coas administracións como ao facer actividades cotiás como unha compra electrónica. O obxectivo deste curso é proporcionarlles a información práctica básica para “que saiban desenvolverse coa tecnoloxía en aspectos que están á orde do día”. O obradoiro consta de 8 sesións de 2 horas de duración cada unha, que se impartirán no centro de Matosinhos os días 6, 8, 12,13, 15, 19, 20 y 22 de abril en horario de 10 a 12 horas. Tras unha breve introdución aos conceptos básicos, explicaráselles aspectos como o certificado dixital e outros sistemas de acceso ás sedes electrónicas e, de forma práctica, amosaráselles como facer trámites ante a Seguridade Social, o Ministerio de Xustiza, o Concello ou a Axencia Tributaria. Tamén se abordarán temas como o uso seguro das redes sociais e incluso se introducirán temas de corte transversais.

Requisitos e inscrición

A edil explicou que ademais de atoparse en situación de vulnerabilidade, tamén son requisitos para participar no obradoiro teren coñecemento do uso do correo electrónico e dispor dun teléfono intelixente ou smartphone co que traballar.

As interesadas deben cubrir o formulario que poden descargar do taboleiro de anuncios do portal municipal, da sede electrónica ou obter directamente na Área de Igualdade do Concello. Unha vez cuberto deben presentalo no rexistro xeral, na propia concellería ou a través da sede electrónica.

Tema: Xeral
Fonte: Código Cero
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal